lunes, 12 de febrero de 2018

Tema 4 AS GRANDES POTENCIAS E O IMPERIALISMO



AS GRANDES POTENCIAS E O IMPERIALISMO

 Tras a unificación de Italia e Alemaña, Europa sufriu grandes cambios. Certas potencias entraron nunha gran decadencia, o imperio ruso, otomano e austrohúngaro, a causa foi as súas diferentes nacionalidades que reclamaban a súa independencia e tamén afectou á súa estrutura política, económica e social, que evolucionara moi pouco ao longo do século XIX.
Reino Unido estaba gobernado por Vitoria I e durante o seu reinado, este territorio converteuse no máximo controlador marítimo, só atopou competidores a finais do século XIX en Alemaña ou novas potencias extraeuropeas, como EEUU ou Xapón.
En Francia proclamouse a III República tras a caída do seu gobernante, Napoleón III e posteriormente houbo un período de estabilidade, prosperidade e desenvolvemento cultural. 
Alemaña convértese nunha gran potencia grazas ao chanceller que aparece na fotografía Bismarck, que se convertera no árbitro das relacións internacionais europeas. 


Tras a emancipación feminina, as mulleres empezaron a ter dereito no ámbito educativo, abríronlle as portas na ensinanza secundaria e cada vez máis mulleres podían acceder á universidade. Podían aspirar a novas profesións como escritoras, científicas, políticas, etc, deixando atrás os roles tradicionais. Por primeira vez, moitas mulleres de clase traballadora eran economicamente independentes. Estes cambios sociais tiveron unha repercusión política a través do movemento sufraxista que esixía o dereito de voto feminino, pero este obxectivo non se logrou ata despois de 1914, onde o primeiro lugar no que as mulleres podían votar foi Nova Zelanda.  

Tema 3 A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL




REVOLUCIÓN INDUSTRIAL


  Según o historiador británico Hobsbawm, a revolución industrial sinala a transformación máis fundamental que experimentou a vida humana na historia do mundo rexistrada en documentos escritos. Durante un curto período esta revolución coindiciu coa historia dun só país, Gran Bretaña. Hai un momento na historia universal no que Gran Bretaña pode ser descrita como único taller do mundo. 
Os primeiros cambios percibíronse no sector agrícola, como a introdución de novos cultivos, a selección de razas animais que facilitou o incremento da producción gandeira, a mellora dos útiles e a mecanización das tarefas agrícolas, os novos sistemas de drenaxe, etc.
Por outra parte, houbo moitos avances tecnolóxicos que facilitaron o traballo, altos fornos, lanzadeira voante, máquina de vapor, ferrocarril, etc. A imaxe que vemos reflexa perfectamente o avance industrial levado a cabo nesta época.
Na segunda revolución industrial tamén houbo adiantos, pero neste caso, científicos. Na química destacou o sistema periódico dos elementos químicos; en física, a teoría electromagnética; en bioloxía, a teoría evolucionista en forma de leis (Darwin) e en medicina, destacou o proceso técnico para eliminar microorganismos nos líquidos e tamén a vacina para a rabia. 




Tema 2 AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS




AS REVOLUCIÓNS BURGUESAS


 Trátase dun movemento revolucionario que
corresponde á burguesía.  Estas revoltas
tiveron lugar por diversos motivos.
                                 Algunhas desas causas son as malas colleitas que provocaron a alza do prezo do pan, o alimento básico das clases populares; as quebras das finanzas do estado, arruinado polo luxo da corte e mais polo gasto que supuxera a axuda aos colonos norteamericanos na súa guerra de Independencia; a persistencia da monarquía absoluta á que se opoñía as ideas ilustradas; desigualdade da sociedade estamental, etc. 

Un exemplo destas revoltas populares foi a toma deste edificio coñecido como a fortaleza da Bastilla. Neste contexto o pobo de París saíu á rúa e o 14 de xullo de 1789 atacou este castelo ata entón símbolo da autoridade real. 


   O 9 de novembro de 1799 Napoleón Bonaparte dá un golpe de estado que pon fin ao directorio que nese momento dirixía Francia. Xunto con Sieyès e Ducos constituíu un consulado para gobernar Francia e evitar ditaduras. Napoleón concentrou o poder e aproveitouse do desexo de estabilidade dos franceses que xa estaban cansos dos excesos revolucionarios. Pasa de ser cónsul a cónsul vitalicio e finalmente en 1804 proclamouse emperador 

Tema 1 ANTIGO RÉXIME E A ILUSTRACIÓN

                O ANTIGO RÉXIME E A ILUSTRACIÓN



Esta imaxe fai referencia a un sistema sociopolítico e económico denominado Antigo Réxime. Este período constaba de catro características: a primeira é a monarquía absoluta, aquí o rei podía exercer todos os poderes de estado por dereito divino. Dicía que unicamente Deus podía xulgar os seus actos. 

A segunda característica é a intervención na economía polo estado. Estaba maioritariamente sustentada pola actividade agraria e en menor medida, polo comercio e pola artesanía das cidades.  
A seguinte característica é a sociedade estamental, que podemos ver perfectamente reflexada na imaxe. Vemos que na parte superior da representación, é dicir, no estamento privilexiado atópanse o clero e a nobreza que están pisando a clase máis baixa que abrangue os burgueses e os labregos.  
A última particularidade é o principio de autoridade. Unha afirmación nun texo antigo considerábase válida sen necesidade de demostrala.





Trátase dun movemento ideolóxico que pretendía "iluminar" ao ser humano co coñecemento e facer desaparecer así o Antigo Réxime. Tamén se coñece como o século das luces.  Este tipo de pesamento basábase en dous conceptos: a razón e o espírito crítico.
Nesta época destacaron algúns filósofos franceses como Voltaire, Montesquieu, Rousseau e Diderot e D´alembert.



WEBGRAFÍA

WEBGRAFÍA Para escribir este trabajo e utilizado únicamente mi libro de sociales ya que está lleno de información muy útil. Asimismo ...