viernes, 8 de junio de 2018

Tema 9 e 10

A GUERRA FRÍA

🔻 As conferencias de paz
- Carta do Atlántico ⥤ Alcánzanse os primeiros acordos como devolverlles a soberanía aos pobos que se lles sacara pola forza.
- 1943 ⥤ Conferencias de Casablanca e Teherán
- 1945, teñen lugar dúas conferencias :
                      ⧫ Ialta : Reúnense Churchill, Roosevelt e Stalin (eleccións libres)
                                   Substituiuse a Sociedade de Nacións
                      ⧫ Postdam : A guerra acabara e Occidente e a URSS seguirían camiño separados.
                                          Acórdanse os bloques da Guerra Fría.

🔻 O poder queda repartido entre EEUU e a URSS. 

🔻 O problema dos refuxiados
- Millóns de refuxiados, concretamente xudeus. Escaparon do holocausto a Palestina, onde a ONU creou en 1948 o Estado de Israel, o que provocou tamén o desprazamento de millons de palestinos.

🔻 O plan de Marshall
                 
George Marshall anuncia un plan de axudas para a recuperación económica de Europa. Dous obxectivos:
            ➽ Evitar o illamento de EEUU
            ➽ Crear un núcleo forte de países de economía capitalista

                              
           - A condición era aceptar a democracia e o capitalismo
           - 1949 Consello de Axuda Mutua Económica (CAME)


🔻 A formación dos bloques 
- Doutrina Truman: Conter o comunismo que ameazaba a Grecia e Turquía
- División de Alemaña: área norteamericana, británica, francesa e rusa.
- 1948 ↣ Fúndase a República Federal de Alemaña (RFA)
- A URSS inicia o bloqueo de Berlín. Péchanse os accesos a Berlín durante case un ano.
- 1949 ↦ A zona rusa convértese na República Democrática Alemá (RDA)
- División do mundo en dous bloques: occidental (EEUU) e oriental (URSS)


🔻 A división do mundo
- Xorden alianzas militares
- 1949 : OTAN
- 1955 : Pacto de Varsovia             



Dous bloques: 
Capitalista: Economía de mercado e democracia. Países europeos occidentais, Xapón e os "Dragóns Asiáticos".
- Comunista: Economía planificada e políticas totalitarias. Ademais da URSS, República Popular Chinesa, Corea do Norte e Vietnam do Norte. 
      
                ↳       Personaxes con presenza nos dous bloques...

John Edgar Hoover: anticomunista
Martin Luther King : igualdade dos afroamericanos 
Richard Nixon : escándalo de Watergate en 1974
Stalin: alivio de moitos rusos tras a súa morte. 
Alexander Dubcek: Primavera de Praga
Mao Zedong: Revolución Cultural entre 1966 e 1971


                                 "Guerra Fría"
                                              
Relacións internacionais entre os bloques capitalista e comunista
- Bomba atómica ↦ EEUU e despois a URSS ➽ había que evitar un enfrontamento directo. Unha guerra suporía a destrución ➨ Equilibrio do terror
- Primeiro enfrontamento : Guerra de Corea. 
- 1956 : A crise de Suez e a Rebelión de Hungría


🔺 Busca da coexistencia pacífica
- Morte de Stalin: período de esperanza, de certa coexistencia pacífica. A URSS aceptaba a existencia do outro bloque
- 1959: París ↦ Negociamento fracasado 
- Inestabilidade das relacións de coexistencia pacífica:
                       ⚈ Construción do muro de Berlín por parte dos soviéticos
                       ⚈  Desembarco da bahía de Cochinos, promovido por EEUU, sen éxito

🔺  Máxima tensión entre bloques
- Cuba: instalación de mísiles nucleares que apuntaban aos EEUU
- Kennedy entérase e ordena o bloqueo naval da illa baixo ameazas
- Ambos os bloques deciden volver á distensión 
- Nas décadas seguintes continúan as tensións coa proliferación de conflitos en países periféricos...

🔺 Conflitos da Guerra Fría:
           🔼 Guerra de Corea (1950). Corea do Norte invade Corea do Sur. A URSS apoia a primeira e EEUU a segunda. Remata coa península dividida polo paralelo 38.

      🔼Rebelión de Hungría (1956). Os húngaros tratan de democratizar o seu réxime pero impídellelo os tanques do Pacto con Varsovia.

           🔼 Crise de Suez (1956). Nasser nacionaliza o canal que une o Mediterráneo co mar Vermello.

         🔼 Incidente do U-2 (1960). Avión espía norteamericano foi derrubado mentres sobrevoaba territorio ruso.

        🔼 Construcción do muro de Berlín (1961). Para evitar a fuxida dos berlineses cara a parte occidental de Berlín.

             🔼 Desembarco da baía de Cochinos, Cuba (1961). Organizado e financiado pola CIA.

             🔼 Crise dos Mísiles (1962). Avións norteamericanos fotografaron en Cuba mísiles soviéticos orientados cara os EEUU.

            🔼 Guerra de Vietnam (1955-1975). Vietnam do Norte, comunista, invade Vietnam do Sur e os EEUU envían axuda miliar ao Sur.

🔺 Causas da descolonización 


- Explosión demográfica das colonias: descende a mortalidade e aumenta a natalidade.
- Sufrimentos ocasionados polas dúas guerras mundiais: independencia das colonias
-  Novas características do capitalismo
- Xurdimento dun forte sentimento nacionalista
- Nova mentalidade anticolonialista

🔺 Consecuencias da descolonización 
- As metrópoles → inestabilidade política interna
- Os novos Estados → independencia teórica pero caeron no neocolonialismo. Seguían baixo o control indirecto das metrópoles

🔺 Conferencia de Bandung: 





1955: 29 xefes de Estado reúnense en Bandung, Indonesia
- Conceptos de terceiro mundo e de non aliñación. Primeiro mundo e o comunista tamén chamado segundo mundo.




🔺 Xorde un novo Estado → Israel
África e a India sepáranse

🔺 Debilidades do bloque comunista
- Democracias populares: teoricamente eran Estados independentes
- Golpe de Praga en Checoslovaquia, Revolución de Hungría ou Primavera de Praga.
- Polonia: o sindicato obreiro Solidariedade segue operando na clandestinidade.
🔺 A perestroika e a glasnost
1985 → Mikhaíl Gorbachov foi elixido secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética.
             ↴
Anuncia un novo programa baseado en dous principios: a perestroika (reestructuración) e a glasnost. "Máis socialismo e máis democracia" sen renunciar aos principios básicos do comunismo. Reformas políticas e económicas.
  Glasnost: quere dicir "transparencia informativa". Era o complemento da perestroika, pretendía suavizar a censura da prensa e un control menos estricto da liberdade de expresión.

- Gorbachov trata de levar a cabo propostas de distensión, non seguidas polos EEUU.
- Elevados custos humanos, materiais e de prestixio da guerra de Afganistán na que se embarca a URSS. 

🔺 Caída do comunismo na Europa do Leste
- 1986 ➨ Destrución da central nuclear de Chernóbyl, en Ucrania ➧ Grave desastre humano e ecolóxico. 
- Efecto da perestroika nos países satélites "Cada pobo ten dereito a elixir o seu propio destino"
- Apertura do Muro de Berlín e retirada de Afganistán.
- 1991 ➨ Golpe de Estado. Fracaso e caída de Gorbachov.
- Disolución do Pacto de Varsovia.
- Desaparición da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.

                    ⇩

               FIN DA GUERRA FRÍA


 Traballo realizado na aula ao longo do curso...




No hay comentarios:

Publicar un comentario

WEBGRAFÍA

WEBGRAFÍA Para escribir este trabajo e utilizado únicamente mi libro de sociales ya que está lleno de información muy útil. Asimismo ...