viernes, 8 de junio de 2018



 ESPAÑA

🔻 A restauración dos Borbóns
Volven a España no 1875 ⥤ Restauración:
                           - Partido conservador
                           - Partido Liberal
- Aquendábanse no goberno mediante a fraude electoral-
- Poder político ➞ oligarquía
- O s. XX comezaba con ansias de Rexeneración

🔻 Reinado de Afonso XIII
- Era fillo póstumo e ata a súa maioría de idade, en 1902 exerceu a rexencia súa nai, María Cristina de Habsburgo. 
- 1900 ➞ Transformacións sociais. As cidades crecían debido ao éxodo rural. Este proletariado urbano reclamaba unhas condicións laborais dignas que chocaba coas clases acomodadas.
- 1909 ➞ Semana Tráxica: Brote revolucionario. Protestas polas quintas ➞ os fillos das familias acomodadas evitaban o servizo militar a cambio de diñeiro, e os traballadores tiñan que loitar.

🔻 Os anos da crise
- España non particiupou na Gran Guerra
- A neutralidade favoreceu as exportacións
- Empeora a vida das clases populares polo desenvolvemento económico que beneficiaba a burguesía industrial e os grandes propietarios agrícolas.
- 1917: crise ➞ tres procesos:
                                 

Crise militar: rivalidade entre militares
Crise política: Convócase unha Asemblea de parlamentarios
Crise social: A CNT e a UGT convocan unha folga xeral revolucionaria

⟹ Militares e políticos aprazaron as súas demandas e apoiaron o Goberno durante a dura represión dos folguistas.
⟹ Gran violencia política, sobre todo en Barcelona.
🔻 A guerra de Marrocos
- 1906: Conferencia de Alxeciras
- Protectorado custoso pola resistencia da poboación do Rif e polo exército español.
- 1921: Desfeita de Annual ➞ Escándalo que salpicou á Coroa.
- 1923: Miguel Primo de Rivera deu un golpe de Estado e instaurou unha ditadura militar

🔻 As eleccións municipais de 1931
- 1931 ⟹ Primeiras eleccións libres desde o golpe de Primo de Rivera.
- España ganan os monárquicos e nas grandes cidades os republicanos.
- Afonso XIII abandona o país polo non apoio das clases urbanas.
- O 14 de abril de 1931 proclamouse a Segunda República. 
- Por primeira vez as mulleres podían presentarse como candidatas
- As eleccións deron o triunfo aos partidos de centroesquerda. O máis votado foi o Partido Socialista Obreiro Español.

🔻 A constitución de 1931 aprobada o 9 de decembro
                                       - Texto innovador e primeira constitución democrática da historia de España
- Adoptou un ton reformista inspirada nas constitucións máis avanzadas como a mexicana, a rusa ou a alemá.


🔻 O bienio reformista (1931-1933)
- Presidente da República Niceto Alcalá-Zamora da dereita republicana
- Presidente do Goberno Manuel Azaña intelectual de esquerdas
- Política de reformas en:
Territorio: Redacción de estatutos de autonomía
Exército: Redución do número de mandos 
⧫ Relixión: Redución da ingluencia da Igrexa católica na sociedade: Laicismo.
Agricultura: Reforma Agraria. Os anarquistas esixían unha reforma inmediata e máis profunda.

 - 1932: o xeneral Sanjurjo fracasou no intento de dar un golpe de Estado.
- 1933: Casas Viejas (Cádiz) labregos anarquistas toman terras pola súa conta.

🔻 Bienio radical-cedista (1933-1936)
- Novembro de 1933 novas eleccións. A dereita móstrase unida e a esquerda moi dividida.
- Número elevado de escanos á Confederación Española de Dereitas Autónomas e ao Partido Republicano Radical de centro-dereita ⭄ Goberno radical-cedista.
- Alejandro Lerroux logra frear ou reverter as reformas do bienio anterior
- Líderes do PSOE, convocan unha folga xeral ⟹ Revolución de 1934
- Escándalos de corrupción e dimisión de Lerroux.
- Alcalá-Zamora convoca eleccións para febreiro de 1936


🔻 Triunfo da Fronte Popular 1936
                    
                                   ⇣
  Gran coalición de partidos de centro-esquerda promovida pola esquerda
- Había dous grandes bloques enfrontados máis ca nunca:

                       ⬇                         ⬇

                    ESQUERDA                                   DEREITA

- Manuel Azaña substitúe a Alcalá-Zamora como presidente da República, o que supuxo un movemento da xefatura do Estado cara a esquerda.
- A dereita rompía definitivamente coa República e apostaba por un golpe de Estado militar.

🔻 Guerra Civil
- Influencia de grupos radicais entre as dereitas como o Bloque Nacional liderado por Xosé Calvo Sotelo ou a Falanxe, partido fascita fundado por Primo de Rivera. 


- Ambiente tenso e violencia nas rúas.
- O Goberno republicano controlou a zona industrial do norte e Madrid e Barcelona.
- O fracaso do golpe de Estado desembocou nunha  guerra civil
- Este conflicto coincidiu co auxe dos fascismos e a política de apazugamento das democracias europeas.
- Bandos contendentes:

Os sublevados: Apoiados por Alemaña e Italia. Axuda decisiva para o triunfo da sublevación.
Destaca a lexión Cóndor ➞ Unidade de élite alemá
Goberno republicano: Gran prexudicado pola non intervención. Gran axuda de Brigadas Internacionais formadas por voluntarios de todo o mundo.

🔻 Consecuencias da Guerra Civil
- Demográficas: un millón de persoas falecen
- Económicas: perda de colleitas, paralización da actividade industrial, colapso do comercio, etc.
- Represión: exercida en ambas as zonas: republicana e nacional

🔻 O réxime franquista ( finais da Guerra Civial ata 1975)
                   🔽 Fundamentos ideolóxidos do franquismo
- Concentración do poder no xeneral Franco.
- Ditadura asentada nunha durísima represión e na mestura de diversas ideoloxías.
- Alianza do nacionalcatolicismo (réxime e igrexa católica).
- Leis fundamentais a excepción do Movemento presidido por Franco
- Sindicatos verticais nos cales se encadraban patróns e obreiros por oficios.
- Fundación de Cortes: deputados nomeados polos ditador

                    🔽 Adecuación política do réxime
 - Medidas:
   * Creación do Tribunal de Orde Pública (1963)
   * Lei de Seguridade Social (1966)
   * Lei de Prensa (1966)
   * Lei Orgánica do Estado (1967)
   * Lei de Sucesión (1969)

                    🔽  O franquismo no contexto internacional 
- Envío da División Azul en apoio dos nazis.
- España non é admitida na ONU acusada de ser filla do fascismo alemán e italiano.
- EEUU ven no anticomunismo de Franco un aliado útil fronte á URSS e, en 1953 acordan as relaións internacionais. 
- Concordato co Vaticano.
- 1955 España é admitida na ONU. Termina así o seu illamento internacional.
   
                    🔽 Autarquía  
                             
O franquismo refúxiase na autarquía ou no autoabastecemento: Fomento de produtos nacionais para depender o menos posible do mercado internacional.
- Racionamento: "anos da fame" caracterizados polo empobrecemento da poboación e polo crecemento do contrabando e do mercado negro.
-  A axuda norteamericana contribuíu cunha mellora económica.
- 1959: deséñase un Plan de estabilización para o relanzamento económico 

                   🔽 Plans de desenvolvemento (a partir dos anos 60)
- Creación de polos de desenvolvemento repartidos por diferentes puntos da xeografía española
- Mecanización da agricultura
- Construcción de encoros
- Fomento do consumo coa autorización da venda a prazos
- Melloras no transporte
- Atracción do turismo internacional a través de campañas publicitarias

                  🔽 Consecuencias do desenvolvemento
                 - Desarrollismo
                 - Crecemento a calquera prezo sen valorar as consecuencias negativas que foron:
                                       ⚈ Desigualdades rexionais e sociais
                                       ⚈ Emigración masiva do campo á cidade.




 Traballo realizado na aula ao longo do curso...

















No hay comentarios:

Publicar un comentario

WEBGRAFÍA

WEBGRAFÍA Para escribir este trabajo e utilizado únicamente mi libro de sociales ya que está lleno de información muy útil. Asimismo ...